» Tramites Xerais
   » Estatística e Poboación
   » Urbanismo
   » Festas
   » Subvencións
   » Pregos
   » Anuncios

 
 Zona Privada
  
  
 

Vivenda

Plan Renove Climatización

O Plan Renove de Equipos de Climatización está incluído no Programa IDAE-INEGA 2009 de Axudas Públicas a Investimentos en Eficiencia Enerxética dentro do Plan de Acción 2008-2012 da E-4. O obxectivo deste plan é reducir o consumo de enerxía das instalacións térmicas de calefacción, climatización e produción de auga quente sanitaria, a través da substitución de equipos convencionais ou de baixa eficiencia, por equipos de alta eficiencia: caldeiras de condensación, equipos de climatización de clase A e bombas de calor de clase A. Estas axudas xestionaranse mediante a colaboración dos instaladores que decidan adherirse ó Plan.

Actuacións subvencionables
Será subvencionable a compra de equipos de potencia nominal maior ou igual que 5 kW e menor e igual a 70 kW coas seguintes características:
- Caldeiras de condensación. (Rendemento: 4 estrelas ou equivalente)
- Equipos de aire acondicionado (só frío) aire-aire ou aire-auga.(Rendemento: clase A)
- Bombas de calor (só calor ou reversibles) que teñan como foco frío o aire.(Rendemento: clase A)

Inclúese a substitución de acumuladores eléctricos de calefacción por sistemas de calefacción a gas (só é elixible a caldeira) ou por bombas de calor.
 Esta axuda é incompatible con calquera outra tramitada polo Inega para a mesma actuación.

O prazo de presentación das solicitudes de axuda permanecerá aberto desde o 1 de marzo de 2010
ata o día 30 de xuño de 2010
.

Prazo de adhesión dos instaladores
O prazo de adhesión comeza o día 28 de decembro e remata o día 14 de febreiro de 2010.  O documento de adhesión (Anexo II das bases, titulado Protocolo de Adhesión) deberá encherse a través da aplicación informática e presentarse por duplicado preferentemente no rexistro do Inega (Rúa Avelino Pousa Antelo nº 5 - San Lázaro, C.P. 15703 Santiago de Compostela - A Coruña). No caso de que a presentación se realice noutro rexistro deberá adiantarse ó fax 981 54 15 25.

Para aclarar calquera tipo de dúbida o Inega habilitou o seguinte número de teléfono: 981 54 15 18 e a conta de correo renoveclimatizacion@inega.es

Contía da subvención
A contía da axuda ascenderá a un máximo de 45€/kW da potencia nominal (en modo calefacción) da caldeira de condensación instalada co límite do 30% do seu custo (custo que será igual ou inferior ao de tarifa oficial incrementado cos impostos que correspondan). No caso de equipos de aire acondicionado e bombas de calor que teñan como foco frío o aire, a contía máxima da axuda será de 150 euros/kW térmico co límite do 30% do seu custo (igual ou inferior ao de tarifa oficial incrementado cos impostos que correspondan).

Listado de equipos subvencionables
Os listado de equipos subvencionables (caldeiras, bombas de calor e equipos de aire acondicionado) atópase publicado na seguinte dirección web: http://www.inega.es/inega/2007/web/portada.php


AVISO  LISTADO DE DEMANDANTES DE VIVENDA"   ====>  

Todos os interesados poderan solicitar mais información nas oficinas de
Vivenda (Edificio Multiusos de Carballedo),no teléfono 986 760 913
ou ben a través do correo electrónico:  vivienda@concellodecotobade.org

27/08/2010 01:00
ACTIVIDADES VERAN CULTURAL

Segue a programación cultural para os días 02 e 03 de setembro

22/07/2010 01:00
HORARIO DAS BIBLIOTECAS PUBLICAS MUNICIPAIS DE COTOBADE
HORARIO DAS BIBLIOTECAS
02/07/2010 14:00
Bestas Salvaxes

Presenza de Bestas na Carballeira de Cuspedriños

25/06/2010 01:00
PROGRAMCION VERAN CULTURAL 2010

09/06/2010 09:00
Axudas TDT satelite
Axudas da Xunta de Galicia para colectivos en risco de exclusión para instalación TDT satélite en zonas de sombra
02/06/2010 11:00
ESCOLA INFANTIL

Lista definitiva admitidos Escola Infantil de Cotobade

18/05/2010 15:00
TRABALLADOR FORESTAL
BASES PARA PODER IMPARTIR UN CURSO DE TRABALLADOR FORESTAL
03/05/2010 01:00
Escola Infantil
Listas provisionais da escola infantil  curso 2010-2011
11/03/2010 01:00
Apagón Analóxico TV

19/11/2009 10:00
RUSTICA E URBANA
BANDO
DEVOLUCION DE
INGRESOS INDEBIDOS
DE RUSTICA E URBANA
01/09/2009 01:00
CONXUNTO ETNOARQUEOLÓXICO DA "CRUZ DO CASTRO", CARBALLEDO
25/08/2009 01:00
AXUDAS LEADER
ASOCIACIÓN DE DESENRROLO RURAL PONTEVEDRA-O MORRAZO
Apertura da convocatoria de axudas do programa LEADER

18/06/2009 10:00
Sección Rutas BTT e Sendas
Sección Rutas BTT e Sendas

 
 
 
Valid XHTML 1.0 Transitional   Valid XHTML 1.0 Transitional
CSS Vlido!   CSS Vlido!
Casa do Concello: Chan,11-Carballedo 36856 COTOBADE (Pontevedra)
Tlf. 986760001-Fax. 986760130