» Tramites Xerais
   » Estatística e Poboación
   » Urbanismo
   » Festas
   » Subvencións
   » Pregos
   » Anuncios

 
 Zona Privada
  
  
 

Urbanismo

SOLICITUDE DE INFORME URBANÍSTICO
Documentación requirida
Solicitude consulta urbanística 
Solicitante: Fotocopia do DNI no caso de persoas físicas. No caso de persoas xurídicas a persoa  que asina a petición achegará documentación acreditativa da súa representación como unha fotocopia pública da escritura de constitución da sociedade, poder,etc
Plano de localización sobre cartografía oficial Din A-3, Escala 1/2000 no que se reflicte a posición exacta da parcela.

LICENZAS DE OBRA MENOR
Documentación requirida
Este tipo de licenzas abarcan en principio obras como son as obras de conservación e mantemento. Cómpre presentar:
Solicitude licenza obra menor 
Memoria descritiva das obras
Dúas fotografías
Plano de situación na cartografía oficial
Xustificante de pago das taxas por expedición de documentos administrativos

LICENZAS DE PARCELAMENTO
Documentación requirida
1.- Solicitude asinada polo propietario  
2.- Memoria na que se explique con claridade o que se pretende, xustificando o cumprimento urbanístico da actuación en base a ordenanza de aplicación.
Se existe algunha edificación sobre a parcela indicar as súas características, en canto a alturas e superficie construída por planta.
3.- Plano de Situación Fotocopia dos planos das Normas a escala 1:5000, indicando a exacta ubicación da finca e clase de solo no que se encontre a finca a parcelar.
4.- Plano da finca actual indicando forma, dimensións e superficie da finca, con expresión dos propietarios dos predios estremeiros.Se existe algunha edificación sobre a parcela indicar a súa posición no terreo acotando as distancias ós camiños e lindeiros.
5.- Plano das fincas resultantes indicando forma, dimensións e superficie da finca, con expresión dos propietarios dos predios estremeiros. Se existe algunha edificación sobre a parcela indicar a súa posición no terreo con respecto á nova parcela acotando as distancias ós camiños e lindeiros.
6.- Xustificación da superficie da finca matriz. Fotocopia das escrituras ou certificación catastral.
7.- Estudio do Grao de Consolidación
8.- Xustificante de pago das taxas administrativas correspondentes por expedición de documentos. A documentación virá asinada polo Técnico competente e visada polo Colexio Oficial correspondente. 
MODELO. Solicitude licenza de parcelamento ou segregación 
LICENZAS DE OBRA MAIOR
Documentación requirida
1.- Solicitude Licenza obra maior 
2.- Proxecto técnico básico e de execución
3.- Ficha Estatística de vivenda
4.- Oficio de arquitecto e de aparellador
5.- Xustificante de pago das taxas por expedición de documentos administrativos

LICENZAS DE PRIMEIRA OCUPACIÓN
Documentación requirida
1.- Solicitude de licenza de primeira ocupación 
2.- Copia da solicitude de alta no catastro da vivenda
3.- Certificado de fin de obra asinado polo Técnico competente e visado polo Colexio Oficial correspondente.
4.- Xustificante de pago das taxas por expedición de documentos administrativos 

LICENZAS DE OBRA MENOR DE CONEXIÓN Á REDE DE SUMIDOIROS
Documentación requirida
1.- Solicitude de licenza de obra de conexión ó saneamento 
2.-Memoria descritiva das obras onde se faga constar os metros de tubería a instalar, a necesidade ou non da construción de arqueta e o compromiso a repoñer ó estado anterior o firme.
3.-Xustificante de pago da taxa por expedición de documentos administrativos

SOLICITUDE DE PRORROGA DE LICENZA URBANÍSTICA
Documentación requirida
1.- Solicitude de prórroga de licenza de obra 
2.-Copia da licenza de obra concedida no seu momento.

OUTROS MODELOS
1.-Solicitude de levantamento de aliñación urbanística   
2.-Solicitude de obra de actividade clasificada 
3.-Solicitude de obra e apertura de establecemento adicado a actividade inocua   

 

27/08/2010 01:00
ACTIVIDADES VERAN CULTURAL

Segue a programación cultural para os días 02 e 03 de setembro

22/07/2010 01:00
HORARIO DAS BIBLIOTECAS PUBLICAS MUNICIPAIS DE COTOBADE
HORARIO DAS BIBLIOTECAS
02/07/2010 14:00
Bestas Salvaxes

Presenza de Bestas na Carballeira de Cuspedriños

25/06/2010 01:00
PROGRAMCION VERAN CULTURAL 2010

09/06/2010 09:00
Axudas TDT satelite
Axudas da Xunta de Galicia para colectivos en risco de exclusión para instalación TDT satélite en zonas de sombra
02/06/2010 11:00
ESCOLA INFANTIL

Lista definitiva admitidos Escola Infantil de Cotobade

18/05/2010 15:00
TRABALLADOR FORESTAL
BASES PARA PODER IMPARTIR UN CURSO DE TRABALLADOR FORESTAL
03/05/2010 01:00
Escola Infantil
Listas provisionais da escola infantil  curso 2010-2011
11/03/2010 01:00
Apagón Analóxico TV

19/11/2009 10:00
RUSTICA E URBANA
BANDO
DEVOLUCION DE
INGRESOS INDEBIDOS
DE RUSTICA E URBANA
01/09/2009 01:00
CONXUNTO ETNOARQUEOLÓXICO DA "CRUZ DO CASTRO", CARBALLEDO
25/08/2009 01:00
AXUDAS LEADER
ASOCIACIÓN DE DESENRROLO RURAL PONTEVEDRA-O MORRAZO
Apertura da convocatoria de axudas do programa LEADER

18/06/2009 10:00
Sección Rutas BTT e Sendas
Sección Rutas BTT e Sendas

 
 
 
Valid XHTML 1.0 Transitional   Valid XHTML 1.0 Transitional
CSS Vlido!   CSS Vlido!
Casa do Concello: Chan,11-Carballedo 36856 COTOBADE (Pontevedra)
Tlf. 986760001-Fax. 986760130