|
O Concello de Cotobade está situado ao oeste de Galicia e ao leste da privincia de Pontevedra de cuxa capitalidade dista 19 km. A súa situación xeográfica é 42º28', latitude norte; 8º28', lonxitude oeste. A altitude media é de 392 metros sobre o nivel do mar. Ten unha extensión de 135,2 kilómetros cuadrados e unha poboación aproximada de 4.600 habitantes, distribuídos en 135 entidades de poboación que se agrupan en 13 parroquias: Aguasantas, Almofrei, Borela, Carballedo, Caroi, Corredoira, Loureiro, Rebordelo, San Xurxo de Sacos, Santa María de Sacos, Tenorio, Valongo e Viascón. Poden distinguirse dúas zonas perfectamente diferenciadas dentro das terras de Cotobade: por un lado as "Terras Altas", bañadas polo río Almofrei, que nace no monte do Seixo situado a 900 m sobre o nivel do mar, e que dende Caroi, discorre cristalino por frondosos vales, onde abundan as carballeiras, e outras masas forestais. Ademáis, nos montes de Valongo nace o río Calvelle, que xunto ó Barbeira aflúen ó Verdugo que formará a Ría de Vigo. O monte Coirego con 792 m de altura, separa as concas do río Lérez e do Verdugo. Por outra banda están as " Terras Baixas"; formadas polas parroquias do Val do Lérez, que recibe aos ríos Cabanelas, Calvelo e o propio Almofrei, o seu afluente máis importante. HidrografíaO río máis importante é o Lérez. Algúns dos seus afluentes máis importantes son os ríos Almofrei, Tenorio e Cabanelas, todos eles pola súa marxe esquerda. Son ríos de gran beleza con barrancas, rápidos, pozas, cascadas, augas rápidas nalgúns tramos e remansos noutros e nos que se atopan represas, canais, muíños, pontellas e pontes antigos que nos dan indicio do gran uso, destas zonas, polo home. Climatoloxía
O municipio de Cotobade inclúese dentro dos caracteres propios do dominio Templado Oceánico. O Océano Atlántico atenúa as variacións térmicas, aportando a través da circulación ciclónica, abundantes precipitacións. A temperatura é suave, debido á confrontación entre as influencias térmicas polares, e as tropicais e a ausencia de fenómenos extremos. A temperatura media anual está entorno ós 14-15ºC. A temperatura media en xaneiro é de 8-9ºC e en Xullo de 19-20ºC. Vexetación
As formacións autóctonas caracterízanse por ser bosques densos que propiciaron unha gran cantidade de biomasa, con ambiente sombrío que facilita a aparición dun estrato herbáceo. Entre as diferentes especies que forman estes bosques aparecen o castiñeiro e o carballo. Estas especies tamén poden aparecer nalgúns casos forrmando masas monoespecíficas. Tamén podemos distinguir os bosques de piñeiro e eucalipto. Os bosques de ribeira alcanzan unha grande riqueza e diversidade, onde o carballo tamén está presente pero son os salgueiros, freixos, bidueiros, e chopos, as árbores máis características, ademais de gran número de diferenes fentos, enredadeiras, herbáceas, liquens e musgos que acompañan a este bosque de ribeira. Nas zonas altas, ademais de pastizais é frecuente atopar pequenas brañas, con singular vexetación como os musgos. Xunto a esta vexetación de bosques, atopamos un gran número de terreos ocupados por prados e zonas de cultivo, situados nas terras máis fértiles. Fauna  Dentro das especies de interese cinexético atopamos o coello. Outra especie de interese é o xabarin. A única especie con certo grao de aproveitamento en canto a súa pesca como deporte é a troita. Na actualidade en Carballedo existe unha piscifactoría para a repoboación dos ríos próximos, entre eles o río Lérez. O medio, por condicións climáticas e de substrato, ofrece en xeral moi boas condicións para especies, como os anfibios que se relacionan con cursos de auga ou zonas de encharcamento (brañas). As especies máis sobresaintes son as especies de augas tranquilas: a ra verde e o sapo corriqueiro, e entre o grupo dos tritóns está o limpafontes común, que ocupa charcas de pouca superficie e illadas. Entre as especies dos regatos atopamos a ra dos regos e a pinta. O sapo común, atópase asiduamentelas nas hortas e prados. En terreos forestais preséntase a pinta e a pinta rabilarga, dependendo do chan e da humidade. Entre os reptís que habitan no bosque, sobre todo en lindes e zonas clareadas, atopase a víbora e o liscante. En pedregais e rochas soleadas vive o lagarto arnal. Dos reptís de áreas húmidas, son típicas na zona, a cobra de colar, a cobra de auga, e o lagarto das silvas e a lagartixa galega.
A beira do río, é o último refuxio dunha gran variedade de especies vexetais, e en consecuencia, de certas aves. O río recolle unha comunidade rica con dúas especies moi características, o merlo acuático e o martín pescador. Entre as especies que habitan nas zonas de bosque, nesta zona, podese atopar o lagarteiro, o miñato, a perdiz común, o paspallás, a pomba torcaz, a pomba, o cuco, o corvo, o gorrión común, a curuxa común, o moucho común, a bubilla, e o merlo.
Entre os mamíferos que viven nesta zona atopamos a alondra, o aguaneiro, a rata de auga, o morcego pequeno, o morcego grande, o morcego común, o rato de campo. Entre as especies que viven nas zonas de bosque, os de maior relevancia son: o raposo, a dornicela, a marta, o xabarín, o furaño común, o teixugo, a xineta, o ourizo cacho, a toupeira, o esquío, e o coello.
|