O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Cotobade traballa activamente para mellorar a calidade de vida e a participación na sociedade de tódalas persoas e grupos do municipio.
As iniciativas desenroladas inciden especialmente nos cidadáns que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención selectiva.
A atención primaria é a máis achegada ós cidadáns para buscar respostas ás demandas e necesidades das persoas.
O departamento de servizos sociais realiza anualmente a sua programación, dirixida fundamentalmente ós colectivos sociais máis desfavorecidos e que sofren problemáticas de integración social.
Esta programación conta con diferentes actividades novas e outras ás que se da continuidade e realizadas con éxito xa nos anos anteriores.
Para calquera consulta sobre os programas, servizos e recursos, así coma as actividades será necesario inscribirse no Departamento de Servizos Sociais de Atención Primaria do Concello de Cotobade, onde se dará máis información sobre os temas, sendo o número de teléfono o 986 760001.
O funcionamento do servizo e os programas están financiados pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia ademais do Concello de Cotobade, e Deputación Provincial.
Conxunto de tarefas realizadas por persoal cualificado no domicilio do destinatario e no seu contorno social, que se instrumentalizan para atender determinadas necesidades dos individuos e/ou grupos familiares cando estes se encontren en situacións nas que non é posible a realización das actividades cotidianas.
Conxunto de actuacións que se realizan para conseguir que o individuo en situación de necesidade conte cun marco estable para o desenvolvemento da convivencia: acollida familiar,...
Proceso de intervención social que, co obxectivo de mellora-lo benestar e a calidade de vida das persoas ou grupos, actúa sobre os factores asociados á xénese de diferentes problemáticas ou necesidades sociais, desenvolvendo actuacións concretas para evita-la súa aparición, reaparición ou agravamento.
Supón a configuración de prestacións específicas, programas ou accións instrumentais de tipoloxía diversa. Son os seguintes programas:
- Programa de Educación Familiar
Programa de intervención social dirixido a familias en dificultades ou en risco de exclusión social, asi como para a prevención e mantemento dos menores dentro do fogar familiar. Pretende dar solución as diferentes demandas socio-familiares asi como a acadar obxectivos básicos para ter un nivel e unha calidade de vida aceptable a tódolos niveis, social, persoal, educativo... Este servizo conta cunha educadora social que atende no Concello dende as dez ata as dúas de martes a venres.
- Servizo de Asesoramento e Apoio integral á muller (PIM)Programa de atención especializada dirixido á muller, oferta servizo de atención xurídica, psicolóxica e social. O equipo profesional conta cunha psícologa e unha avogado.
HORARIO: luns de 9:00 a 14:30 horas
- Reparto de alimentos do Banco de alimentos
Realízanse catro repartos anuais, enfocados a aquelas familias do concello con máis precariedade económica.
- Programa de información, orientación e asesoramento
Facilitar ó cidadán e á comunidade, en xeral, o coñecemento e acceso ós recursos sociais nunha relación de axuda profesional que garanta unha resposta adecuada ás necesidades recoñecidas como propias do ámbito de actuación dos servizos sociais: pensións non contributivas, RISGA, asistencia sanitaria, axudas económicas non periódicas,...
Dentro deste programa teñen cabida toda unha serie de procedementos:
Dependencia [+ info]
3º Idade [+ info]
Discapacidade [+ info]
Familia e menores [+ info]
Integración Social [+ info]
Emigración [+ info]
DEPENDENCIA
-> Información e asesoramento sobre o sistema se atención as persoas con dependencia.Solicitudes da valoración de dependencia:
-DNI
-Informes médicos
-Certificado de convivencia e empadroamento.
-Xustificantes dos ingresos.
Elaboración da proposta de coidados e implantación de recursos de dependencia:
-Axuda no fogar.
-Centro de dia.
-Ingreso en residencia.
-Axudas económicas para coidadores no entorno.
-Teleasistencia.
-Axuda económica vinculada a servizos.
-Axudas individuais.
3ª IDADE-> Pensións non contributivas
-DNI e NIF de tódolos convivintes.
-Cartilla da seguridade social do solicitante.
-Nº de conta bancaria.
-Declaracións do I.R.P.F. de tódolos convivintes, ou xustificantes de ingresos.
-> Axudas non periódicas para discapacitados e persoas maiores
-DNI do solicitante.
-Orzamento desagregado do gasto a realizar.
-Certificado de convivencia.-Declaración do I.R.P.F. da unidade familiar ou certificación negativa de Facenda.
-Declaración xurada da totalidade de ingresos da unidade familiar.
-> Termalismo social
-DNI.
-Documento de asistencia sanitaria.
-Informe médico.
-> Turismo social
-DNI.
-Documento de asistencia sanitaria.
-Informe médico.
-Certificación da pensión que percibe.
-Declaración do I.R.P.F. ou certificación negativa de Facenda.
-> Vacacións para maiores
-DNI.
-Documento de asistencia sanitaria.
-> Teleasistencia domiciliaria
-DNI.
-Cartilla de Seguridade Social.
-Abono social de Telefónica
-DNI.
-Certificación da pensión.
-Certificación de convivencia.
-Declaración xurada de ingresos da unidade familiar.
-> Servizo de axuda no fogar
-DNI.
-Libro de Familia, no seu caso.
-Cartilla da Seguridade Social.
-Nº de conta bancaria.
-Informe médico do acollido e dos acolledores.
-Calificación de minusvalidez.
-Xustificantes de ingresos.
-> Ingreso en residencias de terceira idade (púbicas ou privadas)
-D.N.I.
-Certificado de convivencia.
-Xustificantes de ingresos.
-Informe médico.
-> Ingresos temporais en residencias de terceira idade
-D.N.I.
-Certificado de convivencia.
-Xustificantes de ingresos.
-Informe médico.
-> Xantar na casa
-D.N.I.
-Certificado de convivencia.
-Xustificantes de ingresos.
-> Nadal entre amigos
-D.N.I.
-Certificado de convivencia.
-Xustificantes de ingresos.
DISCAPACIDADE
-> Pensións non contributivas
-DNI e NIF de tódolos convivintes.
-Cartilla da Seguridade Socia do solicitante.
-Nº de conta bancaria.
-Declaracións do IRPF de tódolos convivintes, ou xustificantes de ingresos.
-> Axudas non periódicas para discapacitados e persoas maiores
-DNI do solicitante.
-Orzamento desagregado do gasto a realizar.
-Certificación de convivencia.
-Declaración do IRPF da unidade familiar ou certificación negativa de Facenda.
-Declaración xurada da totalidade de ingresos da unidade familiar.
-> Recoñecemento da condición de minusvalidez
-DNI.
-Documento de asistencia sanitaria.
-Informes médicos actualizados.
-> Vacacións para discapacitados
-Documento de asistencia sanitaria
-> Servizo de axuda no fogar
-DNI.
-Libro de familia, no seu caso.
-Cartilla da Seguridade Social.
-Informes médicos.
-Declaración do IRPF, ou certificación negativa de Facenda.
-Certificación de pensións, certificación do rendemento do capital.
-> Acollemento familiar para maiores e discapacitados
-DNI
-Cartilla da Seguridade Social
-Nº de conta bancaria.
-Informe médico do acollido e dos acolledores.
-Calificación de minusvalidez.
-Xustificantes de ingresos.
-> Ingreso en residencias de discapacitados
-DNI
-Certificado de convivencia.
-Xustificantes de ingresos.
-Informe médico.
- Ingreso en centros especiais de emprego ou ocupacionais para discapacitados
-> Expedición de tarxetas de reserva de aparcamento para xente con discapacidades
-DNI
-Certificado de minusvalía.
-Dúas fotos.
FAMILIA E MENORES
-> Título de familia numerosa
-DNI dos pais.
-Libro de familia.
-Dúas fotos de toda a familia .
-Para os fillos de idades comprendidas entre 21 e 25 anos, certificado de estudios ou copia da matrícula.
-> Renovación do título de familia numerosa
-DNI dos pais.
-Libro de familia.
-Para os fillos de idades comprendidas entre 21 e 25 anos, certificado de estudios ou copia da matrícula.
-> Axudas de integración social a menores
-DNI e NIF de tódolos convivintes.
-Cartilla da Seguridade Social do solicitante.
-Nº de conta bancaria.
-Declaracións do I.R.P.F. de tódolos convivintes, ou xustificantes de ingresos.
-> Derivación a gabinetes de orientación familiar
Dirixido a familias con múltiples problemas convivenciais, entre parellas, e entre pais e filllos.
-> Axudas para nenos entre 0 e 3 anos
-DNI e NIF de tódolos convivintes.
-Cartilla da Seguridade Social do solicitante.
-Nº de conta bancaria.
-Declaracións do I.R.P.F. de tódolos convivintes, ou xustificantes de ingresos.
INTEGRACIÓN SOCIAL
-> Renda de integración social de Galicia ( RISGA)
-DNI
-Libro de familia.
-Calificación de minusvalidez, no seu caso.
-Copia do recibo do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana.
-Xustificación, no caso de ser titular doutros bens ou dereitos.
-> Axudas de emerxencia social (RISGA)
-DNI
-Libro de Familia.
-Calificación de minusvalidez, no seu caso.
-Copia do recibo do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana.
-Xustificación , no caso de ser titular doutros bens ou dereitos.
-Orzamento formal dos gastos para os que solicita axuda.
-> Derivación a Plan de Inclusión Social
Derivación o equipo de Marín fundamentalmente os perceptores de rendas de Inclusión Social.
EMIGRACIÓN
-> Axudas a emigrantes retornados
-DNI.
-Libro de familia, no seu caso.
-Cartilla da Seguridade Social.
-Declaración do IRPF, ou certificación negativa de Facenda.
-Certificación de pensións, certificación do rendemento do capital mobiliario.
-Xustificantes doutros ingresos.
Colaboración con outros sistemas públicos:
Seguridade Social, Educación, Sanidade, Vivenda, Xustiza, Emprego, etc.