| ANUNCIO D. MANOEL LOUREIRO ADAN, ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE COTOBADE (PONTEVEDRA) FAI SABER: Advertida a presenza dende hai tempo de bestas salvaxes no entorno da Carballeira de Cuspedriños – San Xurxo de Sacos, que están ensuciando o entorno das instalacións existentes e diante da imposibilidade de identificar aos seus propietarios ADVIRTESE QUE TRANSCORRIDOS 10 DIAS NATURAIS dende a publicación do presente anuncio PROCEDERASE A RETIRADA DO CITADO LUGAR E POSTERIOR SUBASTA PUBLICA conforme ao establecido na lexislación vixente. O QUE SE FAI PUBLICO PARA XERAL COÑECEMENTO Cotobade, 2 de xullo do 2010 O alcalde Manoel Loureiro Adan |