D. MANOEL LOUREIRO ADÁN, ALCALDE-PREDIDENTE DO
CONCELLO DE COTOBADE (Pontevedra)
FAI SABER:
Que, advertido erro na emisión dos recibos de Rústica e Urbana de Cotobade do ano 2009, o ORAL vai a proceder á devolución dos importes xa recadados.Para aqueles que fixeran ingreso en ventanilla deberán pasar polo Concello en horario de 9 a 14 horas, dende o día 09/11/09 ata o día 11/12/09, onde un funcionario do ORAL procederá a face-la devolución, para o que deberán ir provistos dos recibos erroneamente emitidos, DNI e número de conta bancaria no que facerlle o ingreso
O QUE SE FAI PÚBLICO PARA XERAL COÑECEMENTO
Cotobade, 4 de novembro de 2009.
O Alcalde
Asdo. Manoel Loureiro Adán
|