» Tramites Xerais
   » Estatística e Poboación
   » Urbanismo
   » Festas
   » Subvencións
   » Pregos
   » Anuncios

 
 Zona Privada
  
  
 

Historia

Arqueoloxía

O poboamento das terras de Cotobade empezou en época bastante antiga, como atestiguan a abundancia de restos arqueolóxicos repartidos por toda a súa xeografía.
Son de destacar os conxuntos de gravados rupestres de Viascón e San Xurxo de Sacos.

A Torre Medieval `Couto do Abade´

Entre os antigos monumentos históricos, caben destacar os escasos vestixios que sobreviviron do chamado "Couto do Abade", torre do século X,

pertencente ós monxes benedictinos que exercían xurisdicción nestas terras, e de onde parece derivar o topónimo Cotobade, e os restos do castelo de Tenorio, que a finais do século XV, pertencía ó señor de Soutomaior e conde de Camiña, Pedro Madruga, e que foi derrubado polos Irmandiños.
Este castelo resistiu o asedio de D. Pedro Álvarez de Soutomaior, cando regresou da súa estadía en Portugal, defendido tenazmente por Gómez Pazos de Probén, ó cal, segundo a lenda, finalmente traizoou un escravo musulmán revelando os puntos débiles da defensa, polo que Manuel de Brit, ó mando de cen "besteiros" conseguiu entrar no castelo dando morte ós seus defensores.

A Guerra de Independencia

No século X fundouse o convento de benedictinos de Tenorio. A boa posición estratéxica deste, provocou que caise en mans do Conde de Camiña, quen destituiu ó seu Abad Pedro de Tenorio, sustituíndoo por un monxe de Lérez.
Será reutilizado tempo despois como refuxio para os guerrilleiros durante a Guerra de Indepencia. Finalmente, foi incendiado como represalia por parte dos franceses, xa que os habitantes de Cotobade consiguen atacar ás guarnicións francesas de Borela, San Xurxo de Sacos e Tenorio, o 19 de febreiro de 1809, obligándoos a renderse, e iniciando así a guerra contra os franceses.
Asímesmo, o día 20, fan baterse en retirada ás tropas francesas de Pontevedra, que acudían a se desquitaren do día anterior.
Posteriormente, o 28 do mesmo mes e ano, atacan a guarnición francesa de Pontevedra, e o 7 de xuño toman parte na acción de Pontesampaio, contribuíndo a derrota das forzas do xeral Ney.
Nestes feitos, destaca a utilización polos veciños de Cotobade do "Canón de Pau", que consistía nun tronco furado e suxeito con argolas de ferro, e que resistía ata doce canonazos.
Destes feitos, que fan que se coñeza a Cotobade coma terra do "canón de pau".

O barroco e a cantería

Cotobade pasou á historia como cuna de afamados canteiros, que deixaron a súa obra en boa parte do territorio español.
Coñecíanse en todo o país como canteiros `barrocos´, debido sobre todo ó elaborado das súas pezas. De entre todos eles destaca o maestro Cerviño, orixinario de Aguasantas, autor de obras tan importantes como o cruceiro de Hío, o de Covelo, Ponteareas e outros.
27/08/2010 01:00
ACTIVIDADES VERAN CULTURAL

Segue a programación cultural para os días 02 e 03 de setembro

22/07/2010 01:00
HORARIO DAS BIBLIOTECAS PUBLICAS MUNICIPAIS DE COTOBADE
HORARIO DAS BIBLIOTECAS
02/07/2010 14:00
Bestas Salvaxes

Presenza de Bestas na Carballeira de Cuspedriños

25/06/2010 01:00
PROGRAMCION VERAN CULTURAL 2010

09/06/2010 09:00
Axudas TDT satelite
Axudas da Xunta de Galicia para colectivos en risco de exclusión para instalación TDT satélite en zonas de sombra
02/06/2010 11:00
ESCOLA INFANTIL

Lista definitiva admitidos Escola Infantil de Cotobade

18/05/2010 15:00
TRABALLADOR FORESTAL
BASES PARA PODER IMPARTIR UN CURSO DE TRABALLADOR FORESTAL
03/05/2010 01:00
Escola Infantil
Listas provisionais da escola infantil  curso 2010-2011
11/03/2010 01:00
Apagón Analóxico TV

19/11/2009 10:00
RUSTICA E URBANA
BANDO
DEVOLUCION DE
INGRESOS INDEBIDOS
DE RUSTICA E URBANA
01/09/2009 01:00
CONXUNTO ETNOARQUEOLÓXICO DA "CRUZ DO CASTRO", CARBALLEDO
25/08/2009 01:00
AXUDAS LEADER
ASOCIACIÓN DE DESENRROLO RURAL PONTEVEDRA-O MORRAZO
Apertura da convocatoria de axudas do programa LEADER

18/06/2009 10:00
Sección Rutas BTT e Sendas
Sección Rutas BTT e Sendas

 
 
 
Valid XHTML 1.0 Transitional   Valid XHTML 1.0 Transitional
CSS Vlido!   CSS Vlido!
Casa do Concello: Chan,11-Carballedo 36856 COTOBADE (Pontevedra)
Tlf. 986760001-Fax. 986760130