» Tramites Xerais
   » Estatística e Poboación
   » Urbanismo
   » Festas
   » Subvencións
   » Pregos
   » Anuncios

 
 Zona Privada
  
  
 

Historia

O poboamento das terras de Cotobade empezou en época bastante antiga, como testemuñan a abundancia de restos arqueolóxicos (petroglifos, mámoas, castros) repartidos por toda a súa xeografía.
Os restos máis abundantes son os petroglifos, dos que se coñecen numerosos exemplos (máis de 150), moitos deles atribuídos á Idade do Ferro ou  á do Bronce.

Os petroglifos máis interesantes son: a Pedra do Lombo da Costa, a Laxe do Cuco, a Pedra das Ferraduras, a Laxe dos Cebros,… na parroquia de San Xurxo de Sacos e os petroglifos de  Portela da Laxe e Laxe das Coutadas, en Viascón.
Asímesmo, quedan restos da época romana na calzada de O pé da Múa. Entre os antigos monumentos históricos, atópase no monte Castelo, que se extende polos límites de Borela, Carballedo, Tenorio e Viascón- a torre que noutro tempo se chamaba “Couto do Abade”, da que apenas quedan vestixios; e os restos do castelo de Tenorio, que a finais do século XV pertencía ó señor de Soutomaior e conde de Camiña, Pedro Madruga, e que foi derrubado polos Irmandiños.

O concello tivo a súa propia xurisdicción, na que o duque de Soutomaior nomea xuíz ordinario, e que comprendía as actuais parroquias, agás a de Caroi.

No século X fundouse o convento de benedictinos de Tenorio. A boa posición estratéxica deste, provocou que caese en mans do Conde de Camiña, quen destituiu ó seu Abad, Pedro de Tenorio, sustituíndoo por un monxe de Lérez.  Este nomeamento, ó non ser acatado pola comunidade, trouxo como consecuencia o abandono do convento polos guerrilleiros durante a guerra da independencia, e acabou destruído ó incendialo os franceses.

Na loita contra os franceses pode decirse que Cotobade abriu a guerra, ó atacar os seus habitantes ás guarnicións gabachas de Borela, San Xurxo de Sacos e Tenorio, o 19 de febreiro de 1809, obrigando a estas a renderse. Así mesmo, o día 20, fan baterse en retirada as tropas francesas de Pontevedra, que acudían a se desquitaren da acción do día anterior. Posteriormente, o 28 do mesmo mes e ano, atacan a guarnición francesa de Pontevedra e o 7 de xuño toman parte na acción de Pontesampaio, contribuíndo a derrota das forzas do xeneral Ney.

Nestes feitos destaca a utilización polos veciños de Cotobade do “Canón de Pau”, que consistía nun tronco furado e suxeito con argolas de ferro, e que resistía ata doce canonazos. Destes feitos, que fan que se coñeza a Cotobade coma terra do “canón de pau”.

Segundo a tradición, Cotobade é berce de afamados canteiros. Traballaban por toda España, e coñecíanse coa denominación popular de “barrocos”; semella que esta denominación ten relación co estilo arquitectónico deste nome. Entre estes, cabe destacar o mestre Cerviño, natural de Aguasantas e autor dos cruceiros de Hío, Covelo, Ponteareas e outros. Do maestro Cerviño, o afamado escritor Castelao di “foi xenial, revolucionario, capaz de transforma-los pequenos cruceiros en grandes calvarios ó estilo dos que se levantan na Bretaña”

27/08/2010 01:00
ACTIVIDADES VERAN CULTURAL

Segue a programación cultural para os días 02 e 03 de setembro

22/07/2010 01:00
HORARIO DAS BIBLIOTECAS PUBLICAS MUNICIPAIS DE COTOBADE
HORARIO DAS BIBLIOTECAS
02/07/2010 14:00
Bestas Salvaxes

Presenza de Bestas na Carballeira de Cuspedriños

25/06/2010 01:00
PROGRAMCION VERAN CULTURAL 2010

09/06/2010 09:00
Axudas TDT satelite
Axudas da Xunta de Galicia para colectivos en risco de exclusión para instalación TDT satélite en zonas de sombra
02/06/2010 11:00
ESCOLA INFANTIL

Lista definitiva admitidos Escola Infantil de Cotobade

18/05/2010 15:00
TRABALLADOR FORESTAL
BASES PARA PODER IMPARTIR UN CURSO DE TRABALLADOR FORESTAL
03/05/2010 01:00
Escola Infantil
Listas provisionais da escola infantil  curso 2010-2011
11/03/2010 01:00
Apagón Analóxico TV

19/11/2009 10:00
RUSTICA E URBANA
BANDO
DEVOLUCION DE
INGRESOS INDEBIDOS
DE RUSTICA E URBANA
01/09/2009 01:00
CONXUNTO ETNOARQUEOLÓXICO DA "CRUZ DO CASTRO", CARBALLEDO
25/08/2009 01:00
AXUDAS LEADER
ASOCIACIÓN DE DESENRROLO RURAL PONTEVEDRA-O MORRAZO
Apertura da convocatoria de axudas do programa LEADER

18/06/2009 10:00
Sección Rutas BTT e Sendas
Sección Rutas BTT e Sendas

 
 
 
Valid XHTML 1.0 Transitional   Valid XHTML 1.0 Transitional
CSS Vlido!   CSS Vlido!
Casa do Concello: Chan,11-Carballedo 36856 COTOBADE (Pontevedra)
Tlf. 986760001-Fax. 986760130