» Tramites Xerais
   » Estatística e Poboación
   » Urbanismo
   » Festas
   » Subvencións
   » Pregos
   » Anuncios

 
 Zona Privada
  
  
 

Gastronomia

A riqueza e peculiaridade gastronómica de Cotobade, aséntase nuns pratos de repostería que trascenden os límites comarcais.
Os máis peculiares son:
Requeixo. Requeixo de Corredoira, Caroi, incluso en Loureiro. Nas parroquias altas do concello, nas que o gando vacún aliméntase de pastos naturais, faise desde tempos inmemoriais o requeixo. É o resultado da fermentación directa e primeira do leite, transformándose nunca pasta branda, cremosa e de suave textura. De sabor lácteo e impresión ácida que se pode endulzar con azucre, mel , licores ou mesmo viño, preferentemente tinto.Un postre exquisito, que ten a súa festa na Corredoira , polo San Antón de xuño.

Filloas. Nos últimos anos colleron especial fama as de Valongo, por mor do grupo de mulleres que as elaboran públicamente no trebello tradicional de ferro, e onde se lle rende degustación popular no primeiro fin de semán de setembro.

Cotobade, atesoura, asemade, outras catro xoias gastronómicas, hoxe en día de menor protección popular pero de grande interese etnográfico.

O Bolo de San Martiño é un Bolo abizcoitado, cocido no forno, que podía levar indistintamente unha mestura de fariña triga, millo ou centeo, na que se mesturan froitos secos. Un pan doce, case ácimo, que se comía tradicionalmente de postre pola festa de San Martiño, patrón das parroquias de Borela e Rebordelo.

Petotes. Pequeno bolo de fariña, millo e algo de centeo amasado na auga do caldo, e cocido nese propio elemento, servíndose despois como acompañamento do cocido, especialmente da cacheira que ten prato propio, acompañada de patacas e chourizo.

Bincha. A Bincha ou bandullo é unha interpretación autótona do famoso pudin, mediante a que se posibilita o aproveitamento do bandullo ou vexiga do porco. Cócese suspendida no interior dunha pota, e sérvese en rodallas como sobremesa morno ou frío.

27/08/2010 01:00
ACTIVIDADES VERAN CULTURAL

Segue a programación cultural para os días 02 e 03 de setembro

22/07/2010 01:00
HORARIO DAS BIBLIOTECAS PUBLICAS MUNICIPAIS DE COTOBADE
HORARIO DAS BIBLIOTECAS
02/07/2010 14:00
Bestas Salvaxes

Presenza de Bestas na Carballeira de Cuspedriños

25/06/2010 01:00
PROGRAMCION VERAN CULTURAL 2010

09/06/2010 09:00
Axudas TDT satelite
Axudas da Xunta de Galicia para colectivos en risco de exclusión para instalación TDT satélite en zonas de sombra
02/06/2010 11:00
ESCOLA INFANTIL

Lista definitiva admitidos Escola Infantil de Cotobade

18/05/2010 15:00
TRABALLADOR FORESTAL
BASES PARA PODER IMPARTIR UN CURSO DE TRABALLADOR FORESTAL
03/05/2010 01:00
Escola Infantil
Listas provisionais da escola infantil  curso 2010-2011
11/03/2010 01:00
Apagón Analóxico TV

19/11/2009 10:00
RUSTICA E URBANA
BANDO
DEVOLUCION DE
INGRESOS INDEBIDOS
DE RUSTICA E URBANA
01/09/2009 01:00
CONXUNTO ETNOARQUEOLÓXICO DA "CRUZ DO CASTRO", CARBALLEDO
25/08/2009 01:00
AXUDAS LEADER
ASOCIACIÓN DE DESENRROLO RURAL PONTEVEDRA-O MORRAZO
Apertura da convocatoria de axudas do programa LEADER

18/06/2009 10:00
Sección Rutas BTT e Sendas
Sección Rutas BTT e Sendas

 
 
 
Valid XHTML 1.0 Transitional   Valid XHTML 1.0 Transitional
CSS Vlido!   CSS Vlido!
Casa do Concello: Chan,11-Carballedo 36856 COTOBADE (Pontevedra)
Tlf. 986760001-Fax. 986760130