CONXUNTO ETNOARQUEOLÓXICO DA "CRUZ DO CASTRO", CARBALLEDO
|  | | | |
A Cruz do Castro é un outeiro que se sitúa ás costas do barrio da Igrexa, en Carballedo, e sirve de soporte a un dos conxuntos patrimoniais máis coñecidos do Concello de Cotbade. Consta dun xacemento arqueolóxico, formado por varios recintos fortificados e distintos elementos etnográficos e construccións de arquitectura popular. As escavacións arqueolóxicas feitas polo equipo dirixido polo arqueólogo Ángel Concheiro en 2008, 2009 e 2010, sacaron á luz vestixios de construccións e materiais da Idade do Ferro e da Época Romana Tardía, os dous intres históricos nos que se move o asentamento. Desa última fase o rexistro material é sorprendentemente rico: cerámica local e de importación do Mediterráneo, algún numisma e obxectos de uso cotián e adorno persoal, entre os que destaca un anel de bronce e un pendente de ouro. Esta última peza ten unha importancia extraordinaria, xa que é a primeira vez que se atopa en Galicia unha xoia desas características nunha escavación científica. No recinto principal atópase, asemade, o Muíño de Vento de Laredo, unha das catro construccións deste tipo existentes en Cotobade. É do tipo bidireccional de cuberta fixa e foi recentemente restaurado. Nas súas inmediacións atópase o baseamento e pedestal da cruz que coroaba o monte e que lle daba nome, destruída durante o século pasado.
O descubrimiento dun pendente de ouro, na campaña do 2009, dentro da excavación tivo unha repercusión mediática importante.
Neste ano 2010 a excavación recibiu numerosas visitas incluíndo unha nocturna, co fin de achegar a traballo realizado a todos os veciños e interesados. Así como as autoridades locais.
 |