|
OFICINA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL
A Oficina de Emprego e Desenvolvemento Local está composta por un Axente de Emprego e Desenvolvemento Local e ten como finalidade a dinamización e desenvolvemento do municipio, a través das seguintes funcións: - Prospección de recursos ociosos ou infrautilizados, de proxectos empresariais de promoción económica local, e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego no ámbito local, identificando novas actividades económicas e posibles emprendedores.
- Difusión e estímulo de potenciais oportunidades de creación de actividade entre os desempregados, promotores e emprendedores, así como institucións colaboradoras, levando a cabo accións de sensibilización cara a promoción dunha maior conciencia empresarial como oportunidade de emprego.
- Acompañamento técnico no inicio de proxectos empresariais para a súa consolidación, en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas.
- Apoio aos promotores das empresas, unha vez constituidas estas, acompañándoos técnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento, mediante a aplicación de técnicas de consultoria en xestión empresarial, e asistencia nos procesos formativos adecuados para contribuir á boa marcha das empresas creadas.
- Calquera outra actividade que axude á dinamización do concello.
SERVICIOS - Información e asesoramento de axudas a emprendedores.
- Información e asesoramento de axudas á contratación.
- Tramitación doutras axudas e programas.
- Información sobre becas e cursos.
- Bolsa de traballo ( Introduce o teu C.V.) adlcotobade@concellodecotobade.org
- Servicio a empresas de búsqueda de traballadores ( Introduce a túa oferta ) adlcotobade@concellodecotobade.org
NOVAS / ACTUALIDADE
Ofertas de emprego Becas Cursos Actualidade
¿Onde está?
Concello de Cotobade(1º andar) Tlfn: 986760001 Fax: 986760130
ENLACES
http://www.xunta.es/ http://www.uvigo.es/ http://www.usc.es/ http://www.udc.es/ http://www.inem.es/ http://www.depontevedra.es/ http://www.tecnicosempregogalicia.xunta.es/ http://www.igape.es/ http://www.bicgalicia.es/ |