Como Alcalde de Cotobade, douvos a benvida a esta páxina web, que pretende ser unha ventá aberta a todos aqueles que queren achegarse ó concello de Cotobade. Con este espacio virtual, queremos mostrar as potencialidades e os recursos do noso concello, e dos seus núcleos rurais, así como achegar información relativa ós servicios e ofertas que dende aquí podemos brindarvos. Aproveito estas liñas para animarvos a participar nela, a través de tódalas iniciativas e suxerencias que queirades aportar, para mellorala xestión, garantizando o correcto funcionamento da administración e dos seus órganos. Por último, desexo invitarvos a visitar estas “terras de auga e pedra”, onde poderedes disfrutar da nosa natureza, cultura, gastronomía, todo enmarcado nunha paraxe inigualable de paz e tranquilidade.  | Manoel Loureiro Adán. Alcalde
|
|