» Tramites Xerais
   » Estatística e Poboación
   » Urbanismo
   » Festas
   » Subvencións
   » Pregos
   » Anuncios

 
 Zona Privada
  
  
 

Arte Rupestre
Cotobade conta cun importante patrimonio de arte rupestre, espallado por todo o territorio.
Coñécense numerosos exemplos de petroglifos (máis de 150), moitos deles atribuídos á Idade de Ferro ou á de Bronce. Como soporte teñen dous tipos de perfiles: en “u” ou en “V”. Os primeiros son os que se teñen por prehistóricos, e probablemente se fixesen golpeando con cuarzo. Os da época histórica, fixéronse con algún artefacto metálico. Os motivos abstractos e xeométricos son moi numerosos. Os máis sobranceiros están nas parroquias de San Xurxo de Sacos  e Viascón, aínda que tamén hai mostras por todo  o territorio cotobadés.

Podemos distinguir o seguintes conxuntos rupestres:

Outeiro do Lombo da Costa. (San Xurxo de Sacos)

Considerado o conxunto de maior envergadura. Atópanse aquí máis da metade dos petroglifos de Monte Arcela.  Esta estación,   destaca polo seu tamaño, de máis de trinta ms cadrados, con cerca de vinte rochas gravadas. Os motivos máis representados son as combinacións circulares e os cuadrúpedos. Esta zona constitue xunto con Fentáns, unha das estacións máis interesantes do Noroeste Peninsular. Dentro de esta estación é preciso destacar o petroglifo Laxe das Rodas, petroglifo de gran tamaño con arredor de cincuenta combinacións de círculos concéntricos de variada tipoloxía e entralazadas, e numerosos cérvidos de pequeno tamaño, e a Laxe do Cuco, rocha plana que representa figuras de cérvidos, combinacións circulares e cazoletas.

      
Laxe das Rodas                                                  
 
                                                                                   Outeiro do Lombo da Costa 


Pedra das Ferraduras.(Fentáns)

Grande rocha, que presenta unha combinación de círculos concéntricos con trazos adosados ó seu anel exterior, e pegadas de cérvidos e bóvidos dirixíndose a ela. Na cara sur, aparecen sete zoomorfos, tres diseños idoliformes e cinco antropomorfos esquemáticos, posiblemente armados, que rodean ós animais. O antropomorfo colocado en posición superior e central, empuña coas súa man dereita unha enorme espada, mentras co outro brazo suxeta un escudo circular.



Portela da Laxe (Viascón)

Esta estación está integrada por un bo conxunto de rochas insculturadas. Destaca a de maior tamaño, plana, de granito de gran fino. Obsérvase un valiosísimo repertorio de motivos: paletas, esvásticas soliformes,...
Como o seu nome indica, atópase nunha portela o acceso ó monte que conduce a Val da Porca.

Laxe das Coutadas (Costa-Viascón)
Conxunto de gravados sobre rocha de granito de gran medio, de 12 x 5 ms. As representacións de cérvidos comparten cos círculos a superficie da rocha. Hai asociacións de motivos, como a combinación de círculos concéntricos no medio de zoomorfos.

En Serra Castrelada atopámonos coa estación de Porteliña da Corte:

Porteliña da Corte (Aguasantas)

Conxunto de gravados divididos en cinco rochas moi próximas entre sí. Presenta gran número de cazoletas, arredor de vinte combinacións circulares e un cuadrúpedo.

27/08/2010 01:00
ACTIVIDADES VERAN CULTURAL

Segue a programación cultural para os días 02 e 03 de setembro

22/07/2010 01:00
HORARIO DAS BIBLIOTECAS PUBLICAS MUNICIPAIS DE COTOBADE
HORARIO DAS BIBLIOTECAS
02/07/2010 14:00
Bestas Salvaxes

Presenza de Bestas na Carballeira de Cuspedriños

25/06/2010 01:00
PROGRAMCION VERAN CULTURAL 2010

09/06/2010 09:00
Axudas TDT satelite
Axudas da Xunta de Galicia para colectivos en risco de exclusión para instalación TDT satélite en zonas de sombra
02/06/2010 11:00
ESCOLA INFANTIL

Lista definitiva admitidos Escola Infantil de Cotobade

18/05/2010 15:00
TRABALLADOR FORESTAL
BASES PARA PODER IMPARTIR UN CURSO DE TRABALLADOR FORESTAL
03/05/2010 01:00
Escola Infantil
Listas provisionais da escola infantil  curso 2010-2011
11/03/2010 01:00
Apagón Analóxico TV

19/11/2009 10:00
RUSTICA E URBANA
BANDO
DEVOLUCION DE
INGRESOS INDEBIDOS
DE RUSTICA E URBANA
01/09/2009 01:00
CONXUNTO ETNOARQUEOLÓXICO DA "CRUZ DO CASTRO", CARBALLEDO
25/08/2009 01:00
AXUDAS LEADER
ASOCIACIÓN DE DESENRROLO RURAL PONTEVEDRA-O MORRAZO
Apertura da convocatoria de axudas do programa LEADER

18/06/2009 10:00
Sección Rutas BTT e Sendas
Sección Rutas BTT e Sendas

 
 
 
Valid XHTML 1.0 Transitional   Valid XHTML 1.0 Transitional
CSS Vlido!   CSS Vlido!
Casa do Concello: Chan,11-Carballedo 36856 COTOBADE (Pontevedra)
Tlf. 986760001-Fax. 986760130