O pasado 31 de marzo, un gran grupo de persoas pertencentes ó concello de Cotobade, realizou unha exitosa saída cultural co fin de coñecer diferenes zonas da provincia de Lugo, por iso a dende a Concellaría de Cultura, dentro do programa cultural Descubrindo Rincóns, promoveu outra das súas excursións cun programa moi completo e dinámica para os nosos veciños. Comezaron o día visitando o impresionante Castro de Viladonga xunto ó seu centro de interpretación. A continuación, unha guía local explicoulles o Mosteiro de Meira, logo de coñecer o nacemento do río Miño no Pedregal, lugar cun gran encanto que gustou moitos os excursionistas. Xa de cara o serán, despois dun bo xantar, visitaron Lugo capital coas súas murallas romanas -Patrimonio da Humanidade- , a súa catedral, plazas, as Termas Romanas,...
Foi toda unha xornada de visitas, de coñecementos, pero sobre todo de encontros e diversións entre os cotobadenses. Riron, cantaron e disfrutaro.
Obxetivo este básico previsto dentro do Programa Descubrindo Rincóns da Concellaría de Cultura do Concello de Cotobade.
